Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/57).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Telefónica-Torre Coruña-Pérez Lugín.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al:

-De 12 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704, no cruzamento r/ Coronel Teixeiro coa r/ Paseo de Ronda, entrando e saíndo do C.T. Telefónica.

-De 45 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento r/ Pérez Cepeda coa avda. Calvo Sotelo, entrando e saíndo do C.T. Torre Coruña.

-De 85 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento r/ Pérez Lugín coa r/ Coronel Teixeiro, entrando e saíndo do C.T. Pérez Lugín.

-De 55 a 35 metros de lonxitude coa orixe e final no tramo da liña entre C.T. Vila de Negreira e C.T. Lagar, no cruzamento r/ Vila Negreira coa Ronda de Nelle, entrando e saíndo dos CC.TT. Gil Vicente e Ronda Nelle II, respectivamente.

-De 50 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-703 no cruzamento da r/ Eduardo Tato e r/ Virrey Osorio, entrando e saíndo do C.T. Virrey Osorio.

-De 30 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-703 no cruzamento avda. Peruleiro coa r/ Gregorio Hernández, entrando e saíndo do C.T. Instituto Hixiene.

-De 15 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento r/ Aaiun coa r/ Ronda de Nelle, entrando e saíndo do C.T. Ronda de Nelle I.

-De 70 metros de lonxitude coa orixe e final na liña SPV-704 no cruzamento r/ Vila de Negreira coa r/ Ronda de Outeiro, entrando e saíndo do C.T. Almirante Mourelle. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 3 de xuño de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña