Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/26-2, 5814 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Guntín.

Domicilio social: avda. Estr. Xeral de Santiago nº 1, 27211 Guntín.

Denominación: C.T.I. de 50 kVA-20 kV e conexión a campo de fútbol.

Situación: Guntín.

Descricións técnicas: C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.M.T. aérea a 20 kV con 30 m de lonxitude conductor tipo LA-56. L.B.T. subt. de 140 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo