Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/471-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: r/ Igrexa, 14, baixo, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: L.M.T. Pazos-Coveliño.

Situación: Concello de Ponte Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.016 m de lonxitude, con conductor LA-56 e LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde Pazos ata Coveliño, no Concello de Ponte Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra