Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e tramitación de urxencia, para a contratación da subministración de material informático para o organismo autónomo Augas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Clave: E.C.0001/02.

2.2. Descrición do obxecto: subministración de 39 ordenadores persoais e 9 impresoras láser para Augas de Galicia.

2.3. Prazo de entrega: un mes, contado a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Clasificación: non se esixe clasificación.

5. Orzamento base de licitación: cincuenta mil setecentos euros (50.700 A).

6. Fianza provisional: non se esixe, en virtude do artigo 35.1) do TRLCAP.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16.1º a) do TRLCAP.

8. Solvencia técnica: acreditarase nos termos establecidos no artigo 18 a) e 18 b) do TRLCAP.

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

10. Documentación e información.

10.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, no Rexistro Xeral de Augas de Galicia.

10.2. Información: teléfono 981 54 43 35.

10.3. Dirección na Internet: xunta.es/contratacion.

11. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

11.1. Data límite de presentación: antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

11.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9.5º do prego de cláusulas administrativas particulares.

11.3. Lugar de presentación: no Rexistro Xeral de Augas de Galicia.

Enderezo: praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9. 15781 Santiago de Compostela.

12. Apertura da documentación xeral (sobre A):

Realizarase no lugar antes indicado, ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

13. Apertura das ofertas técnicas e económicas (sobre B):

Realizarase, no lugar antes indicado, ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

14. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Francisco José Pan-Montojo González

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia