Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: 29/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: obras de reforma da calefacción, auga quente sanitaria e cociña da Residencia xuvenil Florentino López Cuevillas en Ourense.
b) Número de unidades que se van entregar:
c) División por lotes e número:
d) Lugar de execución: Ourense.
e) Prazo de execución: dous meses e medio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 165.648,00 A.
5. Garantía provisional:
Non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Copy Estudio.
b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Teléfono: 981 59 33 85.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
d) Teléfono: información índole administrativa: Sr. Pedrosa 981 54 46 80.
e) Telefax: 981 54 56 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: calquera dos establecidos nos artigos 16 a 17 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula IV do prego de cláusulas administrativas particulares, debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estea inscritos no Rexistro de contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre nº 1 o certificado do mencionado rexistro.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2. Domicilio: San Caetano.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
(ou na forma establecida no punto III.2.3 do prego de claúsulas administrativas particulares).
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Domicilio: San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.
e) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións:
11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas (se é o caso).
13. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obte-los pregos.
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1446.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2002.
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia e
Promoción do Emprego, Muller e Xuventude