Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/143).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. Cacheiras (urb. Augas Mansas).

Situación: Teo.

Descricións técnicas: recuamento da L.M.T.A. a L.M.T.S., a 20 kV, da liña denominada Santiago II-Solláns, na urbanización Augas Mansas e da L.M.T.S. ós CC.TT. de Cacheiras I e II (urbanización Augas Mansas) de 535 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 150 mm Al, e 2 centros de transformación prefabricados de manobra exterior de 250 kVA. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 28 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña