Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Esta alcaldía, por Resolución do 23 de maio de 2002. prestou aprobación definitiva ó proxecto de urbanización do polígono 2, 1ª fase do Plan Parcial SAU-3 (Pazo de Rianxiño) promovido por instancia a Juan García Domínguez.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado ou sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte a aquel en que reciba a devandita notificación.

Non obstante, de conformidade co artigo 108 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, contra os actos de aplicación e efectividade dos tributos locais e dos restantes ingresos de dereito público das entidades locais, poderá interpo-lo recurso de reposición previsto na Lei reguladora das facendas locais segundo a redacción dada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro.

Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude á instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Rianxo, 23 de maio de 2002.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde