Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OÍMBRA

EDICTO sobre convocatoria de concurso, con procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, segundo o acordo adoptado pola Comisión de Goberno o día 6-6-2002.

Obxecto: a execución da obra que seguidamente se especifica, do Plan provincial base do ano 2002.

Obra número 471/2002, sobre iluminación nas Chás-A Granxa-Videferre-Rabal. Orzamento total: 60.250 euros.

Clasificación do contratista:

Non se esixe.

Garantías: como garantías para participar no concurso, esixirase o 2% do orzamento total como garantía provisional, e o 4% dese orzamento como garantía definitiva.

Prazo de presentación das proposicións: os 13 días naturais seguintes á derradeira publicación, no BOP ou no DOG, da convocatoria do concurso, se o último día coincidise sábado do mes de xullo, ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

Celebración da licitación: o concurso terá lugar ás 17 horas do día 5 de agosto de 2002.

Criterios que se van ter en conta na licitación: os establecidos na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares da convocatoria do concurso.

Exame do expediente: nas oficinas da secretaría deste concello, desde as 9 horas ata as 14 horas, durante o prazo establecido para presentar proposicións.

Presentación de documentación: na forma que se sinala na cláusula 8 do prezo que rexe na contratación.

Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios da obra.

Oímbra, 11 de xuño de 2002.

Alfonso Villarino Rodríguez

Alcalde