Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o outorgamento de demasías na concesión María Lolita número 1218.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, en aplicación do disposto no artigo 57.1º a) do vixente Regulamento xeral para o réxime de minería, do 25-8-1978, se somete a información pública o outorgamento das demasías producidas na concesión María Lolita nº 1218, por resolución da Dirección Xeral de Industria de data 1-4-2002, sita no termo municipal do Porriño, desta provincia, solicitadas por Enrique Pereira Sánchez.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días, a partir desta publicación, os titulares daquelas concesións mineiras estremeiras con María

Lolita nº 1218 manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 30 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra