Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Conforme o disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia faise público que por decreto da alcaldía de data 18-6-2002, aprobouse inicialmente o estudio de detalle de reaxuste de aliñacións de vial de nova apertura entre as rúas Eduardo Pondal e Limoeiros (Foz), redactado pola arquitecto Laura Campoy Vázquez e promovido por Primera Calidad Promoción de Vivendas, S.L. durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia poderanse presenta-las reclamacións ou alegacións que se estimen oportunas contra o devandito acordo.

Foz, 18 de xuño de 2002.

José María García Rivera

Alcalde