Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.318

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (405/2001).

Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 405/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Ribeira, nove de maio de dous mil dous.

Vistos por min, Beatriz Martínez Vega, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira e o seu partido, os precedentes autos de xuízo de faltas nº 405/2001, por falta de danos contra Ángel Lorenzo Lajos titular do DNI nº 35466412, sendo denunciante José Antonio Vázquez Pardavila, titular do DNI nº 35387757, intervindo como parte acusadora o Ministerio Fiscal.

Dictamino que, en atención ó exposto, debo absolver e absolvo libremente a Ángel Lorenzo Lajos, da falta de danos da que viña sendo acusado declarándose, así mesmo, as custas de oficio.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación, mediante escrito que deberá presentarse ante este xulgado, e no que redactado de acordo co disposto no artigo 795 da Lei de axuizamento criminal, exporanse as alegacións nas que se fundamente a impugnación.

Así, por esta miña sentencia definitivamente, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Ángel Lorenzo Lajos, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira, vinteún de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado