Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.300

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de carpintería de ribeira, con nº de código 3600205 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Madeira, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 14-5-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de carpintería de ribeira

da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

1. Son partes asinantes do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación Provincial de Empresarios de la Madera (Asema) e, representando ós traballadores, as centrais sindicais: Unión Xeral de Traballadores (UGT), Comisións Obreiras (CC.OO.) e Confederación Intersindical Galega (CIG).

2. Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

1. Territorial: afectará a tódalas empresas da provincia de Pontevedra.

2. Funcional: o convenio é de aplicación a tódalas empresas do sector de carpintería de ribeira incluídas no anexo I, ámbito funcional do convenio estatal do sector da madeira, BOE do 20 de maio de 1996.

3. Persoal: afectará a totalidade do persoal que preste os seus servicios nas empresas afectadas.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. Terá unha duración desde o 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2003. A vixencia será a da totalidade da súa duración.

Co fin de evita-lo baleiro normativo, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata a sinatura do convenio que o substitúa.

2. A denuncia propoñendo a revisión do presente convenio deberá presentarse por calquera das partes deliberantes cunha antelación mínima de tres meses. Desta comunicación enviarase copia, para efectos de rexistro, á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto no suposto de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase algún dos seus pactos. Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 10 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema suscitado.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa, que no seu conxunto impliquen condicións máis beneficiosas, respecto ás convidas, serán respectadas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de doce membros que serán designados por metade por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Cantas outras funcións de maior eficacia práctica do presente convenio se deriven do estipulado no seu texto e anexos que forman parte del.

Os acordos da comisión paritaria adoptaranse, en todo caso, por maioría das partes e aqueles que interpreten este convenio terán a mesma eficacia que a norma que fora interpretada.

Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen suscitarse coa interpretación e aplicación deste convenio colectivo, sempre que sexa da súa competencia conforme o establecido no punto anterior, co fin de que mediante a súa intervención se resolva o problema formulado, ou, se iso non fora posible, emita dictame ó respecto. Este trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte punto, sen que emitise resolución ou dictame.

Establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficente para que poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asisten o propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta xuntaranse cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

A comisión poderá recadar por vía de ampliación canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor e máis completa información do asunto, para este efecto concederáselle un prazo ó propoñente que non poderá exceder de cinco días hábiles.

A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta, ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada

ou, se iso non fora posible, emiti-lo oportuno dictame.

Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Cando sexa preciso facer consultas o prazo poderá ser ampliado no tempo que a propia comisión determine.

Artigo 7º.-Condicións xerais de ingreso.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que contemple a lexislación e conforme a ela, entregando copia deste contrato ó interesado.

2. Realizaranse por escrito as prórrogas que se formalicen así como o aviso previo de terminación do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

3. A empresa, antes do seu ingreso poderá realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e preparación son as axustadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. As empresas quedan obrigadas a publicar no seu taboleiro de anuncios o modelo TC-2 correspondente ó último mes en que se fixera efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballo fixo de cadro de persoal o que se concerte entre a empresa e o traballador, para a prestación laboral durante tempo indefinido.

Artigo 9º.-Contrato de formación.

É o contrato subscrito ó abeiro do artigo 11.2º do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, que ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

1. Poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas.

2. O contido do contrato, igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará no mesmo de modo claro, a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

3. Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. A duración mínima do contrato será de 6 meses e a máxima de 3 anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

4. A formación teórica atenderá as seguintes consideracións:

-O tempo dedicado a ela deberase alternar co de traballo efectivo e será como mínimo dun 15% da xornada.

-Cando non sexa posible a formación presencial, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

-No caso de que algunha empresa incumpra na súa totalidade as súas obrigas en materia de formación teórica, deberá aboarlle ó traballador o 100% do salario.

-O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

-No caso de cese na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación práctica e teórica adquirida, na que constará a duración dela.

5. A retribución do traballador contratado para a formación será o establecido nas táboas salariais deste convenio para a dita categoría, e en ningún caso poderá ser inferior ó 75%, 85% e 95% do salario do axudante do convenio colectivo, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

Artigo 10º.-Contrato de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Por acordo entre empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos e a empresa terá a obriga de contratar un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro poida acollerse ós beneficios establecidos no R.D. 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidera substituílo.

A representación dos traballadores e a empresa pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será a de 65 anos, sen prexuízo de que poidan completarse os períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 11º.-Contratos eventuais por circunstancias da producción.

É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunstancias do mercado, a acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa.

1. A duración máxima pode ser de 12 meses nun período de 15 meses, contados a partir do momento en que se produzan as causas.

2. Os contratos de duración inferior a seis meses poderán prorrogarse cantas veces as partes acorden, dentro deste período máximo, sen limitación temporal ningunha.

3. Ó remate do contrato, a empresa estará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

Artigo 12º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta para a realización dunha obra ou servicio determinados, cunha autonomía e substantividade propia dentro da actividade e a execución da cal, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta.

1. Poderanse realizar contratos ó abeiro do artigo 15.1º a) do ET, é dicir, para obra ou servicio determinados, para as seguintes actividades:

a) Traballos de reparación das instalacións.

b) Para a realización dunha obra ou servicio determinado, con sustantividade propia fora das instalacións da empresa, mesmo tratándose da actividade normal da mesma incluíndose os labores na propia empresa, inherentes á preparación delas.

c) Traballos de rematantes, serradoiros e industrias da madeira auxiliares de actividades agrarias, tales como envases e paletas para productos hortofructícolas.

2. Ó remate do contrato, a empresa estará obrigada a satisfacer ó traballador unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio ou a parte proporcional que corresponda.

Artigo 13º.-Contrato para o fomento da contratación indefinida.

É o contrato celebrado ó abeiro do Real decreto lei 8/1997, segundo redacción dada na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, co obxecto de facilita-la colocación estable de traballadores desempregados e de empregados suxeitos a contratos temporais.

1. O contrato poderase concertar con traballadores incluídos nun dos grupos seguintes:

a) Traballadores desempregados nos que concorra algunha das seguintes condicións:

-Xoves desde 18 ata 29 anos de idade, ambos inclusive.

-Parados de longa duración que leven, alomenos, un ano inscritos como demandantes de emprego.

-Maiores de 45 anos de idade.

-Minusválidos.

b) Os traballadores que, na data de celebración do novo contrato, estiveran empregados na mesma empresa mediante un contrato de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, existentes na data de entrada en vigor do Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, ou que se subscriban con posterioridade.

2. O contrato concertarase por tempo indefinido e formalizarase por escrito.

3. Cando o contrato se extinga por causas obxectivas e a extinción sexa declarada improcedente, a contía da indemnización á que se refire o artigo 53.5º do Estatuto dos traballadores, na súa remisión para os efectos do despedimento disciplinario previsto no artigo 56 do mesmo texto legal, será de 33 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e ata un máximo de 24 mensualidades.

Artigo 14º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vinculada polo presente convenio.

Artigo 15º.-Xornada.

1. A xornada laboral ordinaria será de 40 horas semanais de traballo efectivo realizadas de luns a venres, equivalentes a mil setecentas setenta e dous (1.772) horas para o ano 2002 e mil setecentas sesenta e oito (1.768) horas para o ano 2003 de traballo efectivo en cómputo anual.

2. Nas empresas poderase pacta-la distribución variable da xornada máxima anual. En ningún caso se poderán realizar máis de nove horas ordinarias ó día.

3. Non obstante, o establecido nos parágrafos anteriores, cando na mañá do sábado se teña que efectuar unha operación de varada ou lanzamento dun buque, o persoal necesario para realizala, a xuízo da empresa e do delegado de persoal, estará obrigado a iso, para o cal se lle avisará o día anterior. Para estes efectos entenderase como media xornada un máximo de catro horas.

4. Naquelas empresas nas que estea establecida a súa xornada de traballo de forma continuada, os traballadores terán dereito a un descanso de quince minutos, coñecido como tempo de bocadillo, e que para tódolos efectos, será considerado como traballo efectivo.

5. Con vixencia exclusiva para o ano 2002, para adapta-la xornada ás 1772 horas anuais acordadas, os días 26 de xullo, 4 de novembro, 24 e 31 de decembro e catro horas do 11 de outubro fíxanse

como festivos de convenio e remunerables para tódolos efectos. Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 16º.-Salarios.

Os soldos ou salarios do presente convenio para o ano 2002 serán os que figuran na táboa anexa.

Para o ano 2003 incrementaranse os do 2002 no 1,25% sobre o IPC previsto polo Goberno.

Artigo 17º.-Revisión salarial.

Para o ano 2002, no caso de que o índice de prezos ó consumo establecido polo INE rexistrase ó 21 de decembro de 2002 un incremento superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial, tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de primeiro de xaneiro de 2002 servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial de 2003 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas empregadas para realiza-los aumentos pactados no dito ano.

Para o ano 2003 no caso de que o índice de prezos ó consumo establecido polo INE rexistrase ó 31 de decembro de 2003 un incremento superior o IPC previsto, efectuarase unha revisión salarial tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efectos de primeiro de xaneiro de 2003 servindo, por conseguinte, como base de cálculo para o incremento salarial de 2004 e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios ou táboas empregadas para realiza-los aumentos pactados no dito ano.

A revisión salarial realizarase sobre os conceptos retributivos que figuran no convenio. A porcentaxe de revisión resultante gardará, en todo caso, a debida proporción en función do nivel salarial pactado inicialmente en cada convenio, co fin de que aquel se manteña idéntico no conxunto dos doce meses.

A revisión salarial aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre do ano.

Artigo 18º.-Antigüidade consolidada.

En virtude do establecido no artigo 50 do convenio estatal da madeira, recollido no artigo 17 do convenio colectivo de carpintería de ribeira da provincia de Pontevedra para 1996 (BOP nº 193, do 4 de outubro, DOG nº 193, do 2 de outubro), a tódolos traballadores afectados polo presente convenio que a 31 de decembro de 1996 viñeran percibindo o complemento persoal de antigüidade consolidada, manteráselle-lo dito concepto e contía.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias, os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

1. Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengara o salario base.

2. Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño; paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

3. A contía destas pagas extraordinarias é a que figura nas táboas salariais deste convenio, incrementada, no caso que proceda, co complemento de asistencia e a antigüidade que corresponda.

4. A paga de marzo establecida neste convenio seguirase aboando na forma que se realizou ata a data e a razón de vinteoito (28) días o ano 2002 e vintenove (29) días para o ano 2003 para tódalas categorías sobre os salarios da táboa anexa, aboándose o día laboral inmediatamente anterior ó 19 de marzo, nas mesmas condicións que as gratificacións de verán e Nadal. O devengo da paga de marzo será do 1 de marzo ó 28 de febreiro.

5. Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 20º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior aquelas que teñan unha realización motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas a propia actividade empresarial: incendio, inundación, explosión, derruba, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais as necesarias para pedir pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poida ser substituída pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso pola súa natureza, serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa na forza maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de 80 ó ano.

5. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 50% sobre o valor da hora ordinaria.

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do que se pacte en cada empresa e sempre será superior ó valor da hora extra en día laborable.

6. O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

Sb/dx(365+PE)

VHO=

Xornada laboral máxima ordinaria

Sendo Sb/d= salario base día.

PE= días pagas extra.

7. Poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no punto 1 deste artigo ou compensalas co tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción por cada hora extraordinaria realizada nun día laborable haberá que compensar ó traballador con 1 hora e 30 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable a compensación regulamentaria consistirá no valor equivalente en descanso en que teña a hora extraordinaria nos casos en que se opte pola súa retribución.

No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o desfrute del será sempre o pactado entre o empresario e o traballador.

Artigo 21º.-Complemento de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio un complemento de transporte a distancia para cada día efectivamente traballado, repartido de luns a venres, a razón de 3,91 euros diarios. Non se terá dereito a este complemento os días que se traballe menos de media xornada. No caso de traballar un sábado pagarase a parte proporcional, sendo o mínimo media xornada.

Artigo 22º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entreguen ós seus traballadores as ferramentas necesarias para a realización do seu traballo e foran propiedade destes, aboarán en compensación ó desgaste delas 1,58 euros por día traballado.

Artigo 23º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 26,60 euros e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador non estea a toque de serea, ou similar a disposición do encargado para comeza-la súa xornada laboral.

Tamén se entenderá falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

Malia o parágrafo anterior, para efectos do complemento de asistencia, a primeira falta de puntualidade non se computará en tanto non exceda de 30 minutos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. Na falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

5. Os permisos e licencias establecidos no Estatuto dos traballadores e convenio estatal do sector da madeira non serán considerados como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 24º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custos completa con pernoita: 37,63 euros.

-Axuda de custos completa: 21,89 euros.

-Media axuda de custos: 10,26 euros.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso será pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos non aboará cantidade ningunha por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 25º.-Traballos penosos, molestos e toxicidade.

As empresas que teñan efectuada a avaliación de riscos e planificada a súa prevención polos medios ou entidades legalmente establecidas, coa participación do comité ou delegados de prevención segundo a Lei de prevención de riscos así como cando se desenvolvan tarefas nun centro de traballo alleo que conte coa avaliación de riscos elaborada pola empresa principal, aplicarán o incremento establecido a continuación naqueles postos que na relación de tarefas e traballos sexan considerados ou presenten riscos específicos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos deberáselles aboar un incremento do 30% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo realmente traballado.

2. As cantidades iguais ou superiores ó incremento fixado neste artigo que estean establecidas ou se establezan polas empresas serán respectadas sempre que foran concedidas polos conceptos de penosidade, toxicidade ou perigosidade, e neste caso non será esixible o pagamento dos incrementos fixados neste artigo.

3. Se por calquera causa desapareceran as condicións de especial penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos non tendo, por tanto, carácter consolidable.

4. Malia o sinalado, e cara ás dificultades que existen para a aplicación práctica do disposto nos

parágrafos anteriores, que require o control pormenorizado dos tempos e supostos de exposición ós riscos, a empresa que non teña establecido un control de tempos de exposición, de acordo co delegado ou delegados de persoal, pagará a cantidade de 2,18 euros por día efectivo de traballo a tódolos traballadores incluídos nos puntos de xeral e pintura da táboa de salarios do convenio.

Artigo 26º.-Vacacións.

Fíxase o período de vacacións en 30 días naturais para tódalas categorías afectadas polo presente convenio, que se farán efectivas sobre o salario que se fixa na táboa anexa do convenio, incrementándose a dita cantidade cos aumentos de antigüidade e complemento de asistencia. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual de 1.772 horas de traballo efectivo para o ano 2002, durante este, vintedous días de vacacións, como mínimo, serán laborables. Non se computarán para efectos vacacionais os días fixados neste convenio como retribuídos e non laborables.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano, terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa, se lles integre o importe da remuneración correspondente á parte das vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor.

Pola contra e, nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para os efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal, de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamento por conclusión de contrato.

Se no momento en que a un traballador lle correspondese, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se encontrase en situación de IT por calquera motivo, terá dereito ó aprazamento do seu desfrute, de común acordo coa empresa.

Artigo 27º.-Permisos e licencias.

O traballador previo aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo, polo tempo e nas condicións establecidas no anexo II, cadro de permisos e licencias.

O aviso previo será sempre obrigatorio, agás supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan avisar previamente da ausencia, caso que se acreditará no seu momento suficentemente.

Artigo 28º.-Accidentes de traballo.

As empresas aboaranlles ós productores accidentados por traballo, a partir do primeiro día do accidente, a diferencia que exista entre a prestación económica que perciba do seguro e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social na súa base de accidentes de traballo.

Artigo 29º.-Enfermidade.

As empresas aboaranlles ós traballadores a partir do décimo quinto día de enfermidade e mentres o pagamento da IT se ralice a través da empresa, a diferencia que exista entre a prestación que perciban dela e a cantidade declarada para efectos de cotización á Seguridade Social.

As empresas están obrigadas a aboa-lo 50% do seu salario durante os catro primeiros días da primeira baixa de cada ano. Para asistir ó médico especialista, o traballador terá dereito a catro horas ó día por cada unha das ocasións en que deba acudir. Nos casos do médico de cabeceira ou para acompañar os seus fillos ou cónxuxe ó médico, terá dereito a dispor de ata 16 horas ó ano cun máximo de catro horas por saída sempre que se xustifique debidamente.

Artigo 30º.-Baixa hospitalaria.

No caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán desde o primeiro día a prestación económica por incapacidade temporal que aboe a Seguridade Social ou a mutualidade patronal ata o 100% da base de cotización, mentres o pagamento da IT sexa a cargo da empresa.

Entenderase por baixa hospitalaria estar un mínimo de 2 días no hospital.

Artigo 31º.-Revisión médica.

Tódalas empresas estarán obrigadas a concertar unha revisión médica anual para os seus traballadores. Estes disporán, durante a xornada laboral e sen perda de retribución, do tempo necesario para efectua-lo mencionado recoñecemento. Os gastos de desprazamento necesarios correrán por conta da empresa.

Artigo 32º.-Acción asistencial das empresas.

A todo o persoal da empresa que levando como mínimo cinco anos de antigüidade nela e tendo cumprida a idade mínima pensionable, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, o traballador terá dereito a desfrutar de trinta días naturais suplemantarios de vacacións.

Artigo 33º.-Axuda por falecemento.

As empresas concertarán seguros colectivos con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Falecemento dun traballador por enfermidade común ou accidente non laboral unha mensualidade de salario.

-Invalidez permanente para a profesión habitual ou para todo traballo por importe dunha mensualidade de salario.

-No caso de falecemento este importe será aboado, segundo relación seguinte: viúva, descendentes lexítimos, lexitimados, ilexítimos o naturais recoñecidos, menores de 18 anos ou inútiles para o traballo, irmáns orfos menores da mencionada idade que estivesen ó seu cargo, solteiras ou viúvas, ascendentes pobres sen dereito á pensión, con tal que sexa sesaxenarios.

Artigo 34º.-Indemnización por morte ou invalidez.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: 13.525 euros.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente: 16.530 euros.

-Accidente laboral con resultado de invalidez absoluta ou gran invalidez: 19.530 euros.

Artigo 35º.-Roupa de traballo.

As empresas entregaranlles ós seus productores dúas fundas e dous pares de botas de seguridade homologadas, por ano, ó cabo do cal pasarán a ser propiedade do traballador.

A empresa estará obrigada a facilitar lentes graduadas de traballo a todos aqueles traballadores que as precisen no desenvolvemento das actividades propias do seu posto de traballo.

Artigo 36º.-Seguridade no traballo.

Tódolos traballadores están obrigados a levar e utiliza-las medidas de seguridade e protección que facilite a empresa, para evita-lo accidente de traballo. Especialmente significa-la obriga de leva-lo casco de protección e as botas de seguridade.

O incumprimento do presente artigo por parte dos traballadores considérase como falta e será sancionado segundo a lexislación vixente.

As empresas obríganse ó cumprimento inescusable das normas de seguridade saúde laboral de acordo co establecido na Lei de prevención de riscos laborais, responsabilizándose da dotación das medidas

de prevención axeitadas ás actividades que se vaian realizar, así como de desenvolver actuacións e potenciar hábitos preventivos.

As empresas compromenteranse a imparti-la formación adecuada a cada posto de traballo e durante a xornada laboral para tódolos traballadores.

As empresas estarán obrigadas a lles facilitar ós delegados de prevención a realización do curso básico de prevención durante a xornada laboral, sendo da calidade adecuada.

Os encargados das empresas terán necesariamente a formación adecuada á actividade da empresa.

Artigo 37º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal terán, como representantes legais dos traballadores, dereito a dispor de 16 horas mensuais retribuídas como máximo para o exercicio das súas funcións de representación. Malia o parágrafo anterior, poderán acumularse cada mes as horas dos distintos membros do comité de empresa e, se é o caso, dos delegados de persoal, nun ou varios dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total, podendo ser relevado ou relevados do traballo sen prexuízo da súa remuneración.

As saídas efectuadas terán que xustificarse debidamente.

Artigo 38º.-Locomoción.

Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento a un centro de traballo distinto do habitual, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación correspondente. No caso de que o traballador teña que usar medios alleos ós da empresa, esta aboaralle 0,187 euros por quilómetro percorrido.

Artículo 39º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos deste convenio co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 40º.-Lexislación subsidiaria.

Ámbalas partes deliberantes comprométense a observa-la normativa xeral vixente e o convenio estatal do sector da madeira, BOE do 24-1-2002.

Disposición adicional

O presente convenio colectivo redactarase nas dúas linguas oficiais de Galicia e publicarase da mesma forma no BOP.

ANEXO I

Táboa salarial 2002

CategoríasSalario total

base 2002

* Xeral
-Encargado27,76
-Calafate24,34
-Axudante de calafate23,74
-Oficial 1ª25,91
-Oficial 2ª24,34
-Axudante23,74
-Peón especializado23,53
-Peón23,23
-Aprendiz 2º ano20,01
-Aprendiz 1º ano18,73

CategoríasSalario total

base 2002

* Sección pintura
-Encargado25,91
-Oficial 1ª24,34
-Oficial 2ª24,09
-Axudante23,74

* Administrativos
-Xefe1.080,16
-Oficial 1ª952,56
-Oficial 2ª772,15
-Auxiliar administrativo692,96
-Aspirante569,21

* Subalternos
-Porteiros e almacenista673,18

ANEXO II

Cadro de permisos e licencias

Motivo de licenciaTempo máximoConceptos a devengarXustificantes

Salario

base

Pagas

extras

Compl.

antig.

Incent.

(1)

Compl.

conven.

Compl. posto

traballo

Compl. non

salariais

Falecemento de fillos e cónxuxeDez días naturaisSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Falecemento de pais, avós, netos, irmáns e sogrosTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avósTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonXustificante médico que acredite o feito

Nacemento de fillo ou adopciónTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmSiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado de xulgado

Matrimonio do traballadorQuince días naturaisSiSiSiSiSiNonNonLibro de familia ou certificado oficial

Cambio de domicilio habitualUn día laborableSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Deber inescusable de carácter público ou persoalO indispensable ou o que marque a normaSiSiSiSiSiSiNonXustificante da asistencia

Lactación ata 9 mesesAusencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora; reducción de xornada en media horaSiSiSiSiSiSiNonLibro de familia ou certificado de adopción

Traslado (art. 40 ET)Tres días laborablesSiSiSiSiSiSiNon

Matrimonio de fillosO día naturalSiSiSiSiSiSiNonDocumento que acredite o feito

Funcións sindicais ou de representación de traballadoresO establecido na normaSiSiSiSiSiSiSiO que proceda

(1) Media percibida no mes anterior

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA