Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xuño de 2002 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora e modernización das estructuras de producción das explotacións agrarias e se convocan para o ano 2002.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 113, do xoves, 13 de xuño de 2002, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 8.915, antepenúltimo parágrafo do preámbulo, na cuarta liña e seguintes, onde di: «.... investimentos en explotacións nas que os titulares non sexan agricultores profesionais ou nas que a súa actividade productiva sexa a horticultura....», debe dicir: «... investimentos en explotacións nas que a súa actividade productora sexa a horticultura....».

-Na páxina 8.922, artigo 15º.2, onde di: «... previstas no artigo 6º e anexo I do Real decreto 613/2001, así como no artigo 5º desta orde», debe dicir: «...previstas nos puntos 1 a 4, e 8 do artigo 5º desta orde».

-Na páxina 8.923, no artigo 20, punto 1, engádese o punto seguinte: «k) titulares inscritos nalgún rexistro de denominacións de calidade en materia agroalimentaria».

-Ó final da páxina 8.923, que continúa na páxina 8.924, artigo 22.1, onde di: «...do Real decreto 613/2001, sen prexuízo do establecido no artigo 18.4º desta orde», debe dicir: «...do Real decreto 613/2001».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO