Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación en Quintas e Cece, Sta. María de Labrada.
Situación: Guitiriz.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV conductor tipo LA-56, lonxitude 18 m con orixe en L.M.T. derivación a C.T. de Tarrañeira e final en C.T. de Cece. C.T. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de 1.740 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 22 de maio de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo