Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/171-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T. Fontefría-Filloi.

Situación: Concello de Forcarei.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 2.250 m de lonxitude, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón e metálicos, desde o C.T. existente de Fontefría-Xestoso ata o C.T. existente de Filloi, no Concello de Forcarei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra