Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (668/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data 6 de xuño de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 8 do SU-15, por instancia de Senen Murias Taboada en representación propia e de seus irmáns José Luis e Eduardo e María del Carmen Murias Taboada e Jesús Rodríguez Taboada en representación de Río Arenteiro S.L., coas condicións sinaladas nos informes dos servicios de enxeñería con data 22 de febreiro de 2002, e do servicio eléctrico de data 25 de abril de 2000 e do enxeñeiro municipal da Concellería de Medio Ambiente do 21 de marzo de 2002, dos que se dará traslado ós soliciantes e logo de constitución de garantía na cantidade 388.854,83 euros, equivalente ó orzamento de execución para contrata, para responder da execución mantemento e conservación da urbanización ata a recepción das obras polo concello.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 13 de xuño de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde