Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.103

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 13 de xuño de 2002 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade e mercantís que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes en virtude de concurso ordinario convocado por Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 30 de abril de 2002 (BOE do 16 de maio) e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución, e o Decreto 147/2002, do 11 de abril e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade, que a seguir se relacionan, para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-José Ignacio García Moratilla, rexistrador de Santiago de Compostela nº 1, para o Rexistro da Coruña nº 1.

-Mª Teresa Ruíz de la Peña González, rexistradora de Verín, para o Rexistro de Vilalba.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais