Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.067

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a cobertura por persoal laboral fixo de catro postos de traballo do cadro de persoal da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas).

A Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) anuncia a convocatoria

pública dos seguintes postos do seu cadro de persoal para a súa contratación indefinida:

-Posto número 4: titulado superior. Área de Xestión Económico-Financeira.

-Posto número 5: titulado superior. Área de Revista e Publicacións.

-Posto número 6: titulado superior. Área de Xestión Docente.

-Posto número 8: técnico de xestión.

O modelo de instancia e as bases da convocatoria para participar no dito proceso selectivo poderán recollelos os interesados na propia sede da fundación sita no Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 2ª planta, sen prexuízo de que os aspirantes poidan solicita-lo seu envío previa chamada ó teléfono 981 58 06 33 da Fegas en horario de 10 a 13.30 horas. Ademais, as bases da convocatoria tamén serán obxecto de publicación na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2002.

Javier Bouzada Romero

Director da Escola Galega de Administración

Sanitaria