Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Endesa Generación, S.A.
Domicilio social: r/ A Balsa, s/n, 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
Denominación: reforma liña transporte a 20 kV C.H.A. Ribeira-Os Chaos.
Situación: As Pontes de García Rodríguez.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios metálicos de celosía e en conductor LA-78, de 1.640 m de lonxitude, con orixe na Central Hidroeléctrica da Ribeira e final no entroncamento coa liña dneominada Tesouro-Poboados, no lugar dos Chaos. As Pontes de García Rodríguez.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 23 de maio de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña