Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 10.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PONTENOVA

ANUNCIO.

O alcalde, por Decreto do 14 de xuño de 2002, aprobou o proxecto técnico e os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, da obra de acondicionamento e mellora de accesos: A Ermida, Conforto-Os Candaedos, Pacios-Labrada, estrada Taramundi-San Mamede e Folgueirúa.

Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo, o concello anuncia a licitación do citado contrato de obra, a cal quedará aprazada, se houbese reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución:

Obxecto do contrato: execución da obra de acondicionamento e mellora de accesos: A Ermida, Conforto-Os Candaedos, Pacios-Labrada, estrada Taramundi-San Mamede e Folgueirúa.

Lugar de entrega: Concello da Pontenova.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación: 69.253,69 euros, IVE incluído.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

Garantías: provisional: 1.385,08 euros.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello da Pontenova (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

A Pontenova, 14 de xuño de 2002.

Enrique Fernández González

Alcalde