Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACUERDO do 15 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/169-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Arnego, S.L.

Domicilio social: Orillamar 88-90, portal 3, entresollado B, 15001 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Vilariño e derivación Castelo.

Situación: concellos de Agolada e Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 968 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a central Arnego ata o C.T. que se proxecta en Vilariño, de 25 kVA, R.T. 15/20 kV-380/220 V. L.M.T. derivación Castelo, de 2.460 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde un punto da L.M.T. aérea anterior ata Castelo. A instalación está situada nos concellos de Agolada e Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra