Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 29 de novembro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro, modificada pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 16 de abril de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 80, do 25 de abril, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no Servicio de Información do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horario de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

NomeDNIExclusión

Acuña Fernández, Francisco36114951-Y55

Alfonso Riveiro, Purificación35447251-L55

Añón Sande, César Modesto32815672-P55

NomeDNIExclusión

Blanco Fernández, María Teresa36136089-F55

Casais Laíño, María Elena33265825-M20

Costa González, Fiz Da36143674-W55

García Caamaño, Francisco Alexandre76779388-Y10, 22, 55

Maneiro Pais, Manuel33214027-A55

Paz Pena, Andrés52458354-T21

Pérez Santos, Luis33996321-K55

Rivas Lago, Ramón Ángel52453111-R55

Romero Alonso, María del Mar35456729-K55

San Isidro López, Berta María75810760-T55

Santervas Gómez, Gabriel36170061-P55

Causas de exclusión:

10 Instancia fóra de prazo.

20 Taxas non aboadas.

21 Importe taxas ingresadas inferior ó estipulado.

22 Taxas aboadas fóra de prazo.

55 Non cumprir ou acredita-lo requisito de titulación.