Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 214/2002, do 6 de xuño, polo que se aceptan a título gratuíto doazóns de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

As empresas GRIFOLS, SISCOM e PASSCO ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e despois da deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día seis de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la doazón do seguinte material:

-1 ordenador persoal, marca COMELTA, modelo COM 4008, cun valor de 1.542 euros, doado pola empresa GRIFOLS.

-1 fax, marca OKI, modelo 730, cun valor de 313,73 euros, doado pola empresa SISCOM.

-1 S.A.I., marca UPS RIELLO, modelo DLP 400, cun valor de 2.781,24 euros, doado pola empresa SISCOM.

-5 AXIS, cun valor de 1.638,35 euros, doados pola empresa SISCOM.

-2 ordenadores persoais, marca AIRIS, modelo XP, cun valor de 858,6552 euros cada un, doados pola casa comercial PASSCO.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade