Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de maio de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C 42/2001, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle á interesada a resolución do expediente sancionador VP-C 42/2001, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente o beneficiario, causa prevista no artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccions en materia de vivenda.

Á dita infracción impónselle unha multa de 601,02 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, de enderezo descoñecido, no cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 22 de maio de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Herminia Fernández Costa.

Expediente: VP-C 42/2001.

Estrada de Sada a Armuño, bloque B, portal 6-3º esq., Sada.

Sanción de multa de: 601,02 euros.