Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do inicio do expediente sancionador 10/2002 a Sonia Domínguez Ónega.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 10/2002, seguido de oficio, contra Sonia Domínguez Ónega, finalizando este trámite con acordo de inicio de expediente sancionador por non dedi

ca-la vivenda de promoción pública adxudicada a domicilio habitual e permanente. Expediente LU-97/502, conta 10.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio do expediente sancionador 9/2002.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-97/502, conta 10, adxudicada a Sonia Domínguez Ónega, rúa Paulo Fabio Máximo, 52-3º B de Lugo, e unha vez rematadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 7 de febreiro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 95/2002.

2. Con data do 4 de abril de 2002 efectuouse unha nova inspección da dita vivenda resultando, segundo se reflicte na acta de inspección 361/2002 que non é posible localizar ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con data do 11 de febreiro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 27 de febreiro de 2002 certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello figura inscrita a titular noutra vivenda distinta á anterior referenciada.

-Con data do 21 de febreiro de 2002 certificación de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA indicando que o consumo de enerxía eléctrica é practicamente inexistente.

-Con data do 25 de marzo de 2002 certificación de consumo de auga remitido polo Concello de Lugo, indicando que as lecturas bimestrais do contador son moi baixas.

5. O artigo 5, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que «o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da comunidade autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen

causa xustificada durante un prazo superior a tres meses» constitúe unha infracción grave.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formularen alegacións e a achegaren tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contando desde a notificación do presente acordo para achegaren os documentos ou informacións que coiden convenientes e propoñeren probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na alínea e) 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, da que aparece como presunta responsable Sonia Domínguez Ónega, podendo corresponder unha sanción de 601,02 ata 3.005,06 euros de multa, sen prexuízo do que resulte da tramitación do presente procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o contemplado nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación acorda:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra Sonia Domínguez Ónega, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Jesús Rodríguez Anllo, auxiliar administrativo da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para os interesados achegaren cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes e, de se-lo caso, propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníquese o presente acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíquese ó interesado, entendendo, en todo caso,

como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de abril de 2002.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo