Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/116).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., CC.TT. urbanización A Zapateira.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 2.830 m de lonxitude, coa orixe no apoio para paso aéreo-subterráneo para implantar na liña A Grela-Sigrás e final noutro apoio para paso subterráneo-aéreo na mesma liña, percorrendo viais da urbanización Valaire na Zapateira e alimentando a cinco transformadores.

Cinco centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón das seguintes potencias, os nº 1 e 5 de 400 kVA, o nº 2 de 250 kVA o nº 3 de 400 kVA e o nº 4 de 630 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Mera. Concello da Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 10 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña