Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 24 de xuño de 2002 Páx. 9.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2002 que modifica a Resolución do 1 de febreiro de 2002 pola que se facía pública a designación das comisións que resolverán os concursos de profesorado.

Por Resolución do 1 de febreiro de 2002 facíase pública a designación das comisións que resolverán os concursos das prazas de profesorado, entre outros, os números 1849/2001 e 1850/2001. Mediante Resolución do 20-3-2002 estímase a recusación formulada contra varios membros das mencionadas comisións.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados novos membros presidente suplente e vocal secretario (titular e suplente) por esta universidade, ó non ter podido constituírse as corres

pondentes comisións cos suplentes inicialmente designados, este rectorado fai pública a nova composición das comisións que han de resolve-lo concurso para a provisión de prazas da Universidade de Santiago de Compostela que se relacionan como anexo.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Praza nº: 1849/2001.

Comisión titular:

Presidente: Manuel Núñez Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Etelvina Fernández González, catedrática de universidade. Universidade de León.

Vocal 1º: Juan Antonio Ramírez Domínguez, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 2º: Javier Miguel Martínez Aguirre, profesor titular de universidade. Universidade Rovira i Virgili, Tarragona.

Vocal 3º: M. Ángeles Sepúlveda González, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: José María Martínez Frías, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Vocal secretaria: Clementina Ara Gil, catedrática de universidade. Universidade de Valladolid.

Vocal 1º: Gonzalo Máximo Borras Gualis, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocal 2º: Agustín Valle Garagorri, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: José María Medianero Hernández, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: historia da arte.

Praza nº: 1850/2001.

Comisión titular:

Presidente: Manuel Núñez Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Alfredo Morales Martínez, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 1º: Pablo Ramírez Pérez, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Vocal 2º: Mª Cruz Martínez de La Torre, profesora titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal 3º: Amadeo Serra Desfilis, profesor titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Comisión suplente:

Presidente: Fernando Marías Franco, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal secretario: Joaquín Bérchez Gómez, catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Vocal 1º: Valeriano Bozal Fernández, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 2º: Isidro Valles Rovira, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal 3º: M. Jesús Mejías Álvarez, profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla.