Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro aprobou o día 10 de xuño de 2002 as bases para a convocatoria da praza de xerente do Plan de Excelencia Turística de Viveiro.

1. Obxecto e natureza xurídica.

Constitúe o obxecto desta convocatoria a contratación do xerente do Plan de Excelencia Turística de Viveiro. A relación xurídica establecerase mediante contrato laboral, por tempo definido, dun ano de duración, prorrogable, estando suxeita a súa duración máxima á do convenio de colaboración para o desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística en Viveiro.

2. Forma de selección.

O concurso.

3. Obtención de documentación.

As bases do concurso estarán ó dispor de tódolos interesados na páxina web do concello http://viveiro.fegamp.es, ou na Secretaría do Concello de Viveiro, sito na praza Maior, nº 1, en horario de 8 a 15 horas.

4. Prazo de presentación das solicitudes.

Vinte (20) días naturais seguintes á derradeira publicación do anuncio nos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día vixésimo coincida en sábado, domingo ou festivo entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

5. Data e lugar de constitución do tribunal e práctica das probas.

O primeiro xoves hábil da semana seguinte ó remate do prazo de presentación de instancias, no salón de sesións do Concello de Viveiro, ás once horas, constituirase o tribunal cualificador para proceder

á práctica das probas, quedando, pola presente, citados os aspirantes para que comparezan no lugar, data e hora sinalados.

6. Máis información: teléfono: 982 56 01 28, en horario de 8 a 15. Fax: 982 56 11 47. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 13 de xuño de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde