Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 21 de xuño de 2002 Páx. 9.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2002 pola que se autorizan os cambios de denominación do colexio de educación infantil e primaria da Pastoriza, A Pastoriza (Lugo) e do colexio de educación infantil e primaria As Solanas, A Guarda (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: A Pastoriza.

Localidade: A Pastoriza.

Código do centro: 27009608.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria da Pastoriza.

Nova denominación: Colexio de educación infantil e primaria O Salvador.

Provincia: Pontevedra.

Concello: A Guarda.

Localidade: A Guarda.

Código do centro: 36018653.

Denominación: colexio de educación infantil e primaria As Solanas.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO