Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: pavimentación accesos Palai-Abelleira.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento de licitación: (co IVE), 39.071,07 euros.

6. Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOP do 4 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás 13 horas.

9. Gastos de anuncios:

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 7 de xuño de 2002.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente