Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da concesión administrativa de instalación, limpeza, mantemento e reposición de colectores e papeleiras no concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: limpeza. Nº de expediente: 1012/252.

2. Obxecto do contrato: descrición: instalación, limpeza, mantemento e reposición de colectores e papeleiras no concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: o contrato rematará o 31-12-2017.

A execución do contrato comprende a execución de obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo que aboará o concello: 1.921.958,79 euros/ano.

5. Garantías: provisional: 566.068,04 euros.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista na cláusula XIX, letras e) e f) do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula XIX do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario e non superarán a cantidade de 600 euros.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 12 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde