Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1319/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 25 de abril de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense, por instancia de José Antonio Velo Domínguez, como presidente da xunta de compensación do polígono 9 B do SU-32.

O que se fai público, de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 10 de maio de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente