Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/001-3 A.T.).

Instalación: L.A.T. parque eólico de Larouco; concellos de Xinzo de Limia e Cualedro (Ourense).

Entidade beneficiaria: Iberdrola Diversificación, S.A.

Data, lugar e hora de actas:

Concello de Xinzo de Limia:

Día 11-7-2002, das 10.30 ás 13.30 horas.

Día 12-7-2002, das 9.30 ás 10.30 horas.

Concello de Cualedro:

Día 12-7-2002, das 11.30 ás 12.30 horas.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 23 de xaneiro de 2002 foi autorizada e declarada de utilidade pública a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación dictado artigo 52 da LEF, resolvo:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios afectados, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que acompaña á resolución de información pública da L.A.T., que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 5-2-2001, no BOP de Ourense do 6-2-2001 e no xornal La Región do 30-1-2001, que se expón actualizada no taboleiro de edictos dos concellos afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando a documentación acreditativa de titularidade do predio; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa costa.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas pre

vias os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os sos efectos de emendar posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 11 de xuño de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO