Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/60-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., Tecdival.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña a 20 kV aéreo-subterránea de 14 m (12+2) de lonxitude, con orixe no apoio proxectado co nº 2 e remata en conducción subterránea ata o C.T. Tecdival, proxectado a pé de poste con 250 kVA, r/t 380-220, preto do grupo escolar de Sobradelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense