Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 20 de xuño de 2002 Páx. 9.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/54-2, 5839 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Muras.

Situación: Muras.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,116 km de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en apoio proxectado nº 3 da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras e final no apoio nº 4 proxectado da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,085 km de lonxitude conductor tipo R.H.V. con orixe en apoio nº 4 proxectado da L.M.T. Ferroplast de Bodas-OCR Muras e final en C.T. de Muras-Burgo. C.T. prefabricado de 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea de 0,41 km de lonxitude conductor tipo R.V. con orixe en C.T. de Muras-Burgo. L.B.T. aérea de 1,18 km de lonxitude conductor tipo R.Z. con orixe en apoio nº 1. R.B.T. subterránea de 0,110 km de lonxitude conductor tipo R.V. con orixe en C.T. de Muras-centro escolar. L.B.T. aérea de 1,075 km de lonxitude conductor tipo R.Z. e orixe en C.T. Muras-centro escolar.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de maio de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo