Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 3-6-2002, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle que modifica o aprobado polo concello pleno con data do 2-6-2002, para a ordenación de volumes na rúa Galicia, números 31-33-35 e 37, promovido por Cysem, S.L. representada por José Díaz Lage.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consoancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen

prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 7 de xuño de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área