Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se fai pública a adxudicación do servicio, por concurso público polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a realización do programa de Turismo Social 2002 para as persoas maiores.

De acordo co disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Nº de expediente: 20021610652.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: realización do programa de Turismo Social 2002 para as persoas maiores.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 366.618 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 14-5-2002.

b) Contratista: Viajes Halcón, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 312.500 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais