Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.431

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sistemas Delfín, S.L.

Domicilio social: estrada N-525-p.k. 223,5, Taboadela, 32690 Taboadela.

Denominación: L.M.T., C.T., para transformado de aluminios.

Situación: estrada N-525, p.k. 223,5, Taboadela.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 100 m de lonxitude desde a L.M.L.T. próxima de Unión Fenosa, S.A. e finaliza no C.T. proxectado en caseta prefabricada con 630 kVA, r/t 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de maio de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense