O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio do presente anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.
Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito plazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 15 de maio de 2002.
Nazario Villalva
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado: Recanto, S.A.
NIF: A15211121.
Data dilixencia: 3-4-2002.
Descrición do ben: predio 27310; Rex. Prop. A Coruña 3.