Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.420

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2002 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, do departamento de Construccións Arquitectónicas, a José Benito Rodríguez Cheda.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de maio

de 2000 (BOE do 6 de xuño), para a provisión da praza 00/028 de catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas, departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade, a favor de José Benito Rodríguez Cheda, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Benito Rodríguez Cheda catedrático de universidade da área de coñecemento de construccións arquitectónicas do departamento de Construccións Arquitectónicas desta universidade.

A Coruña, 28 de maio de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña