En sesión que tivo lugar o día 22 de maio de 2002, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de químicos, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 22 de xullo de 2002, na Facultade de Económicas e Ciencias Empresariais na Avenida de Xoán XXIII, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único.
A realización do exercicio comezará ás 10.30 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 10 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2002.
José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal