Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 19 de xuño de 2002 Páx. 9.415

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 6 de xuño de 2002 pola que se modifica a do 21 de maio de 2002 pola que se establece a convocatoria pública e as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego.

A Orde do 21 de marzo de 2002 (DOG nº 61, do 27 de marzo), da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, establece as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego. Na súa exposición de motivos establécese que segundo o disposto no Decreto 401/2001, polo que se regula o prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, o financiamento das axudas previstas na orde farase con cargo ós créditos das aplicacións 14.03.241A.482, 14.03.241A.460, 14.03.241A.440, 14.03.241B.482, 14.03.241B.481, 14.03.241B.471.

Igualmente, a disposición adicional primeira da Orde do 21 de marzo de 2002, establece que as accións incluídas na presente orde, financiarase con cargo ás consignacións orzamentarias que figuran na prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2002:

14.03.241A.482, cun importe de 5.427.566 euros (903.070.996 ptas.).

14.03.241A.460, cun importe de 699.386 euros (116.368.039 ptas.).

14.03.241A.440, cun importe de 424.627 euros (70.651.988 ptas.).

14.03.241B.482, cun importe de 2.891,62 euros (481.125 ptas.).

14.03.241B.481, cun importe de 241.254 euros (40.141.288 ptas.).

14.03.241B.471, cun importe de 122.238 euros (20.338.692 ptas.).

As ditas cantidades poderán ser incremetadas ata a cifra de gastos que figuren no orzamento de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Con data do 2 de maio de 2002 foi aprobada polo Parlamento galego a Lei 2/2002, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, consignándose na aplicación 14.03.241B.461, cun crédito de 301.701 euros, dos cales 264.067,20 euros se destinarán ás ditas axudas, polo que se considera axeitado modifica-la orde de axudas no que respecta á contía dedicada para o financiamento, que resulta incrementada ata a cantidade sinalada da Lei de orzamentos do exercicio 2002.

De acordo con todo o anterior e no exercicio das facultades que teño atribuídas.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifica-lo parágrafo sétimo da exposición de motivos e a disposición adicional primeira da Orde do 21 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego, quedando a nova redacción na forma seguinte:

«Por tanto, atendendo ó Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, á Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o financiamento das axudas previstas nesta orde farase con

cargo ós créditos das aplicacións 14.03.241A.482, 14.03.241A.460, 14.03.241A.440, 14.03.241B.482, 14.03.241B.471, 14.03.241B.461 e 14.03.241B.481, que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002».

Artigo 2º

Modifica-la disposición adicional primeira da orde, que pasa a te-la seguinte redacción:

«As accións incluídas nesta orde financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que figuran na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002: 14.03.241A.482, cun importe de 5.427,566 euros (903.070,996 ptas.), 14.03.241A.460, cun importe de 699.386 euros (116.368,039 ptas.) 14.03.241A.440, cun importe de 424.627 euros (70.651,988 ptas.) 14.03.241B.482, cun importe de 2.891,62 euros (481.125 ptas.), 14.03.241B.481, cun importe de 241.254 euros (40.141.288 ptas.), 14.03.241B.471, cun importe de 122.238 euros (20.338.692 ptas.) e 14.03.241B.461, cun importe de 264.067,20 euros (43.937.085 ptas.). As ditas cantidades considéranse como contía estimativa, susceptible de ampliación en función das dispoñibilidades orzamentarias».

Disposiciones derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral da Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude