Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, das contratacións das obras que se citan.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-los concursos que a seguir se citan:

Obxecto: reparación e consolidación parcial (intervención nos muros de acompañamento, marxe dereita) da Ponte Navea, A Pobra de Trives (Ourense).

Orzamento base de licitación: noventa e sete mil euros (97.000 A), IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Obxecto: reparación das cubertas da concatedral de San Xiao de Ferrol (A Coruña). 1ª fase.

Orzamento base de licitación: douscentos corenta mil catrocentos catro euros con oitenta e catro céntimos (240.404,84 A), IVE incluído.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

Obxecto: reparación das cubertas da igrexa da Angustia de Betanzos (A Coruña).

Orzamento base de licitación: cento dezaoito mil catrocentos oitenta e sete euros con vinte céntimos (118.487,20 A), IVE incluído.

Prazo de execución: sete (7) meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría Xeral.

2. Obxecto dos contratos.

a) Tipo de contratos: obras.

b) Descrición do obxecto: os arriba indicados para cada expediente.

c) Prazo de execución: os arriba indicados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obra poderán ser examinados no Servicio de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1369...Ponte Navea.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1370...San Xiao.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1371...Igrexa da Angustia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación : a indicada para cada expediente.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar para cada un dos expedientes: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados

en horario de 9 a 14 horas. Se as proposicións se envían por correo haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2002.

P.D. (Orde do 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo