Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 18 de xuño de 2002 Páx. 9.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona citación para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre xogo pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Apeo, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase citación para comprobación do imposto de taxa fiscal sobre xogo, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 22 de maio de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Apeo S.A.

NIF: A-36651875.

R/ Zamora, 88, Vigo.

Procedemento: taxa fiscal sobre xogo.

Taxa sobre máquinas recreativas tipo B.

Período: 2000-2001.