Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.244

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PROVINCIAL DE TURISMO RÍAS BAIXAS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso para adxudica-la asistencia técnica, xestión e actualización da páxina web www.riasbaixas.org.

Obxecto: a posta en marcha e xestión da revista virtual www.riasbaixas.org., mediante a creación e actualización de información relativa ós recursos turísticos provinciais, a edición dos números da revista virtual de periodicidade mensual e a xestión de publicidade, de conformidade cos pregos de condicións administrativas e técnicas que figuran no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 98.100 euros, IVE incluído.

Plicas: durante os oito días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional de 1.962 euros e a definitiva de 3.962 euros.

Información: Padroado de Turismo Rías Baixas. Teléfono: 986 84 26 90.

Pontevedra, 4 de xuño de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado