Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno na sesión realizada o día 6 de maio de 2002 adoptou o acordo número 22844 polo que se aproba inicialmente o proxecto de apertura e urbanización de rúa nova, praza pública, parque infantil e zonas verdes no lugar da Caeira da parroquia de Poio deste termo municipal, que foi promovido pola sociedade Conprocaeyra, S.L. e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, do 16 de abril de 2002, polo que se expón este ó público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo examinarse o expediente na oficina técnica do concello e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 9 de maio de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde