Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GONDOMAR

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión do 6 de maio pasado, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal comprensiva dos seguintes aspectos:

1. Posibilita o uso asistencial nos solos sometidos ás ordenanzas 6.2º e 6.3º de núcleos rurais.

2. Cualifica unha parcela de 1.634 m para usos comerciais.

3. Incorpora a reserva de aparcadoiros na ordenanza 3.4.3 comercial.

O que se fai público para xeral coñecemento ó abeiro do establecido no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local.

Gondomar, 9 de maio de 2002.

J. Carlos Silva Mariño

Alcalde