Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra de tratamentos silvícolas no monte comunal Tamicelas e outros pertencentes ó concello de Laza (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de tratamentos silvícolas no monte comunal Tamicelas e outros pertencentes ó concello de Laza (Ourense).

2.2. Prazo de execución: dezaoito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos vinte e tres mil trescentos corenta e un euros con oitenta e cinco céntimos (423.341,85 A).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 8.466,84 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 16.933,67 A.

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1352.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan.

-No punto Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 11 que se publican nesta mesma data, de execución de obra de tratamentos silvícolas, ou de restauración da cuberta vexetal mediante repoboacións forestais nos lugares seguintes: 1. Distrito forestal XIX Caldas-Salnés, 2.Monte comunal Tamicelas e outros no concello de Laza, 3. Monte Ladeiras no distrito forestal do Barco de Valdeorras, 4. Distrito forestal XVI Deza-Tabeirós, 5. Varios montes do distrito forestal do Carballiño, 6. Montes Maderne e Silvachá no termo municipal da Fonsagrada, 7. Montes Estelo, Braña e Toxiza e outro no termo municipal de Mondoñedo, 8. Montes Paradapiñol e Rugandos e outros no termo municipal de Quiroga, 9. Monte Vales de Figueiredo I e outros no termo municipal de Ribas de Sil, 10. Monte Mestre no termo municipal da Ribeira de Piquín, e 11. Montes de Balbón e Ouviñana nos termos municipais de Ribeira de Piquín e A Fonsagrada, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles

producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, as 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coin

cide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas, no lugar sinalado no punto 9.3. do sexto día natural contado desde o seguinte o da apertura da documentación xeral, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente