Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.219

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos citados corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa base común 7.1 da Orde do 12 de marzo de 2002 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación, cómpre darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 18 de xuño de 2002, as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 12 de marzo de 2002 dos corpos e disciplinas convocadas pola citada orde.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde el día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal