Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 17 de xuño de 2002 Páx. 9.141

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa D.S. Salgado, S.L., con nº de código 3600512, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-5-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte

social polos delegados de persoal, con data do 16-4-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 6 de maio de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio afecta en todo o seu contido normativo a empresa D.S. Salgado, S.L. que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa, e a todo o seu persoal que estea prestando os seus servicios nela, así como os que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano, entrarán en vigor o día do seu asinamento, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o seu interese e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas conforme as seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que a empresa exporá con tempo ós seus traballadores cómo as terán que desfrutar no vindeiro ano, segundo o criterio e as necesidades da empresa e dos traballadores, non poderán ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes e descendentes.

c) Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o matrimonio e ata de tres días nos demais casos. En casos excepcionais, poderán concedérselles licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Roupa de traballo.

A empresa está obrigada a facilitarlles ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función. Unha cada ano. O seu uso e conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 10º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 12º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a lles satisfacer ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 13º.-Comisión paritaria.

Para levar a bo termo estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria, integrado por Ramón Somoza Rodríguez e Guillermo Guillán Iglesias, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores, e Antonio Pérez del Oro e Alberto Pérez Fontán en representación da empresa.

Artigo 14º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Vilagarcía de Arousa, abril de 2002.

Ramón Somoza Rodríguez.

Chófer repartidor, secretario.

DNI 35409940.

Antonio Pérez del Oro.

Pola empresa.

DNI 35328501.

Guillermo Guillán Iglesias.

Delegado sindical da empresa.

DNI 35443713-T.

Manuel Rivas Núñez.

Mozo.

DNI 35399606.

Mª Josefa Ramos Bugallo.

Axudante.

DNI 35439060.

Táboa de salarios

CategoríasAnterior convenioActual convenioCuadrienio

Director xerente827,73852,5642,63

* Persoal de administración
Xefe administrativo679,14699,5134,98
Aux. admón. ou operador de máq. contab.549,72566,2128,31
Axte. admón. ou operador de máq. contab.544,73561,0728,06
Auxiliar de caixa544,73561,0728,06
Aspirante de 16 a 18 anos455,48469,14

* Persoal mercantil
Xefe de compras670,67690,7934,54
Xefe de vendas670,67690,7934,54
Xefe de almacén670,67690,7934,54
Dependente maior598,49616,4430,83
Dependente556,75573,4528,67
Axudante541,88558,1427,91
Aprendiz de 1ª455,48469,14
Aprendiz de 2ª455,48469,14
Preparador de pedidos556,75573,4528,67
Viaxante534,12550,1427,51

CategoríasAnterior convenioActual convenioCuadrienio

* Persoal de servicios
Chofer repartidor556,75573,4528,67
Mozo especializado549,72566,2128,30
Mozo544,73561,0728,05
Prof. ofic. 3ª544,73561,0728,05